Ola a todos os que seguides e consultades este blog. Somos Jorge e Ana, os ilustradores deste bonito soño que tivo a nosa amiga Mariné, que nos convidou a estar de vez en cando con vós para amosarvos os nosos traballos e para compartir con vós estas experiencias tan fermosas que estamos a vivir con este libro.
Esperamos que o pasedes tan ben co libro tanto coma nós facéndoo, así que moitas grazas por seguirnos e por mercar este libro. Esperamos visitar moitos colexios e poder levar moito máis lonxe este soño de desexos cumpridos para autores e protagonistas. Moitas apertas para todos vós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario