sábado, 25 de diciembre de 2010

CENTRO TERCEIRA IDADE DE CAMPOLONGO


Esperábanme sentados arredor dunha mesa padiola, non había nada enriba da mesa, e non obstante parecía que nada faltaba.
Entrei pensando que ía falar con persoas maiores e saín sabendo que a idade non existe tal e como a entendemos, é un conxunto de cousas, pero aos oitenta, fanse amigos dun xeito forte e auténtico, compártense recordos, recórdase vida..
Cando lles falei do libro, alguén dixo:
-Non é só para nenos...Despois do poema chegaron outros, recitados por eles, durante dous, quizais tres horas, non sabería dicir o tempo, choramos e rimos. Recordaron a vida e esperaban o nadal sen pedirlle nada aos reis, pero coa esperanza e a ilusión dunha obra de teatro que estaban a organizar....
¡¡¡Alguén deixouse unha botella de champaña na heladera!!! dixo Mirta, unha arxentina que quere ser artista
-Abrámola, dixo outra entre risas, igual é  dalguén que xa está morto.
Manuel, o único home do grupo,  amable, ¡todo un cabaleiro!  abrazou a unha "señora poeta", que tiña ao seu lado, cando lle caía unha bágoa lendo un poema ao fillo que nunca tivo...
E eu aprendía de todo, mergulleime nos seus sentimentos, imaxineime os seus amores segredos, as súas amizades, as súas longas horas...a vida pechada nuns anos que din que son moitos, pero...

-quen o di ? 
-quen non chegou.
¡¡cantan nunha coral !! e ainda que non suban as escaleiras de dous en dous,  en ascensor chégase antes...
"Un soño na bandexa" quedou entre eles, entre os seus contos,
 é que na vida chega un día  no que a idade non é cumprir anos, é VIVILOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario