miércoles, 29 de diciembre de 2010

A SINATURA NO RASTRO DA ASOCIACIÓN CONTRA O CANCRO



Chove, Pontevedra deserta, camiñamos á présa, ás cinco asinamos no rastro da Asociación contra o cancro, rúas baleiras, chegamos uns minutos tarde.
Crúzase unha persoa -irá á firma?...
Lancei a pregunta que ninguén se atrevía
- E se non entra ninguén ?
Entramos, ninguén dentro, tres cadeiras baleiras... dez libros enriba da mesa...

En pouco tempo asinamos nove... ¡¡ Necesitamos máis!! ....
Chega o grupo Zoula, pandeiretas e cantares en voces de nenos que fan que baixe o ceo á terra.... 
xente entra, emociónase,aplaude...asinamos...asinamos... as oito....Resultado:
Un éxito.
Bicos e ata pronto. Saímos á rúa.
Pontevedra continúa deserta.
Frío e algo de chuvia.
Cansazo...
Un café?

sábado, 25 de diciembre de 2010

CENTRO TERCEIRA IDADE DE CAMPOLONGO


Esperábanme sentados arredor dunha mesa padiola, non había nada enriba da mesa, e non obstante parecía que nada faltaba.
Entrei pensando que ía falar con persoas maiores e saín sabendo que a idade non existe tal e como a entendemos, é un conxunto de cousas, pero aos oitenta, fanse amigos dun xeito forte e auténtico, compártense recordos, recórdase vida..
Cando lles falei do libro, alguén dixo:
-Non é só para nenos...Despois do poema chegaron outros, recitados por eles, durante dous, quizais tres horas, non sabería dicir o tempo, choramos e rimos. Recordaron a vida e esperaban o nadal sen pedirlle nada aos reis, pero coa esperanza e a ilusión dunha obra de teatro que estaban a organizar....
¡¡¡Alguén deixouse unha botella de champaña na heladera!!! dixo Mirta, unha arxentina que quere ser artista
-Abrámola, dixo outra entre risas, igual é  dalguén que xa está morto.
Manuel, o único home do grupo,  amable, ¡todo un cabaleiro!  abrazou a unha "señora poeta", que tiña ao seu lado, cando lle caía unha bágoa lendo un poema ao fillo que nunca tivo...
E eu aprendía de todo, mergulleime nos seus sentimentos, imaxineime os seus amores segredos, as súas amizades, as súas longas horas...a vida pechada nuns anos que din que son moitos, pero...

-quen o di ? 
-quen non chegou.
¡¡cantan nunha coral !! e ainda que non suban as escaleiras de dous en dous,  en ascensor chégase antes...
"Un soño na bandexa" quedou entre eles, entre os seus contos,
 é que na vida chega un día  no que a idade non é cumprir anos, é VIVILOS.

viernes, 24 de diciembre de 2010

Bo Nadal e feliz Aninovo ós nosos amiguiños

De parte do camareiro máis toleirán, da autora Mariné, e dos ilustradores, Jorge e Ana, queremos desexarvos a todos o mellor Nadal que poidades ter, para que se cumpran todo-los vosos soños e desexos.

Hola nenos e nenas



O camareiro máis especial sae á rua para atoparse co vós.Se queredes que Mariné vos conte un conto ou axudar ós ilustradores a debuxar a este camareiro tan especial, esperámosvos os seguintes días na cidade de Pontevedra


O dia 27 de decembro vémonos en Pontevedra na plaza da Ferrería



O día 3 de Xaneiro vémonos na librería Cervantes de Pontevedra ás 18: 00


O día 4 de Xaneiro vémonos no Centro Cultural de Raxó 

domingo, 19 de diciembre de 2010










martes, 7 de diciembre de 2010

¡¡¡ CHEGAMOS AO COLEXIO DE MEAÑO !!!

O colexio de Meaño é un fogar, ten olor a camaraderia, aos colexios dos avós ainda que informatizado, onde todos se coñecen polo seu nome, coñecen á súa familia e ata os problemas que cada un arrastra.Unha cociña acolledora, onde fan sobremesas e receitas "Para falar galego"
O galego é a lingua que lles une, non se podería falar doutro xeito, todos saben neste pequeno municipio quen é o alcalde, o cura e quen lles pode poñer unha inxección un domingo, e os que son os mestres que os reciben todos os días non só para ensinar senón para vivir en compañía, aprendendo na vida, na tolerancia e o respeto, quizais sexa por iso que sorrí Nerea, a pesar de estar nunha cadeira de rodas, pode correr, a ninguén lle sorprende que haxa que axudala,¡ dous suman máis que un!, porque aínda que non poida ler, pode soñar ao escoitar un conto ou dicir que non lle gusta coa cabeza," un soño na bandexa" recibiu o regalo de ser leido por estes cativos, por un grupo de profesores exemplar, capaz de facer do colexio un punto de encontro para medrar.

sábado, 4 de diciembre de 2010

Traballo da Carballeira

SORBETE DE ELOXIOS

INGREDIENTES:
- Un chisco "que guapa es, mamá"
- Un pouquiño "quédache moi ben esa roupa"
- Dous "que sorte teño de terte"
- Un anaquiño de "encántame que me acariñes"
- E sobretodo unha gran aperta.

PREPARACIÓN:

Esperar a que mamá non estea demasiada ocupada e pedirlle que nos escoite un momento. Empezar dicindo: "quédache moi ben esa roupa!", engadir un "que guapa es, mamá1", mesturado con: "que sorte teño de terte!" e por último apertala fortemente. Conseguiremos que mamá nos acariñe con toda a súa tenrura e entón dirémoslle: "encántame que me acariñes!".
Este prato ten moitas vitaminas polo que debe tomarse con certa frecuencia. Conseguiremos que mamá estea cada día máis contenta e nós sentirémonos xenial.

Uns debuxiños para todos os nosos amiguiños




Ola amigos.
hoxe toca amosaros uns cantos debuxiños que fixemos para o libro da nosa amiga Marine.
No primeiro veredes un debuxiño en branco e negro que facemos a man.



Agora veredes uns cantos debuxiños nos que mostramos cómo facemos para irlles dando cor pouquiño a pouco, esperamos que vós tamen nos enviedes os vosos debuxiños e para que podamos ver os artistas que estades feitos.




E por último uns detalles que esperamos que vos gusten. Todos son debuxiños do libro, ¿sabedes que imaxes son?.






Vémonos en próximas entradas de este blog.

 Apertas de Ana e Jorge

Colexio A Carballeira


¡¡ Ola a todos !!
Gustaríanos amosaros ou ben que ou pasamos cando visitamos colexios tan estupendos como ou dá Carballeira.
 Pasámolo realmente en grande e cada unha destas visitas convértese nun momento moi especial

Bicos e apertas a  nosos amiguiños da Carballeira e moitas grazas
  ¡¡sodes uns nenos estupendos !!  VER FOTOS

Saúdos e apertas de Jorge Vázquez e Ana Francisco, os ilustradores

Ola a todos os que seguides e consultades este blog. Somos Jorge e Ana, os ilustradores deste bonito soño que tivo a nosa amiga Mariné, que nos convidou a estar de vez en cando con vós para amosarvos os nosos traballos e para compartir con vós estas experiencias tan fermosas que estamos a vivir con este libro.
 Esperamos que o pasedes tan ben co libro tanto coma nós facéndoo, así que moitas grazas por seguirnos e por mercar este libro. Esperamos visitar moitos colexios e poder levar moito máis lonxe este soño de desexos cumpridos para autores e protagonistas. Moitas apertas para todos vós.