domingo, 19 de diciembre de 2010
martes, 7 de diciembre de 2010
¡¡¡ CHEGAMOS AO COLEXIO DE MEAÑO !!!
O colexio de Meaño é un fogar, ten olor a camaraderia, aos colexios dos avós ainda que informatizado, onde todos se coñecen polo seu nome, coñecen á súa familia e ata os problemas que cada un arrastra.Unha cociña acolledora, onde fan sobremesas e receitas "Para falar galego"
O galego é a lingua que lles une, non se podería falar doutro xeito, todos saben neste pequeno municipio quen é o alcalde, o cura e quen lles pode poñer unha inxección un domingo, e os que son os mestres que os reciben todos os días non só para ensinar senón para vivir en compañía, aprendendo na vida, na tolerancia e o respeto, quizais sexa por iso que sorrí Nerea, a pesar de estar nunha cadeira de rodas, pode correr, a ninguén lle sorprende que haxa que axudala,¡ dous suman máis que un!, porque aínda que non poida ler, pode soñar ao escoitar un conto ou dicir que non lle gusta coa cabeza," un soño na bandexa" recibiu o regalo de ser leido por estes cativos, por un grupo de profesores exemplar, capaz de facer do colexio un punto de encontro para medrar.

domingo, 5 de diciembre de 2010
sábado, 4 de diciembre de 2010
Traballo da Carballeira
SORBETE DE ELOXIOS
INGREDIENTES:
- Un chisco "que guapa es, mamá"
- Un pouquiño "quédache moi ben esa roupa"
- Dous "que sorte teño de terte"
- Un anaquiño de "encántame que me acariñes"
- E sobretodo unha gran aperta.
PREPARACIÓN:
Esperar a que mamá non estea demasiada ocupada e pedirlle que nos escoite un momento. Empezar dicindo: "quédache moi ben esa roupa!", engadir un "que guapa es, mamá1", mesturado con: "que sorte teño de terte!" e por último apertala fortemente. Conseguiremos que mamá nos acariñe con toda a súa tenrura e entón dirémoslle: "encántame que me acariñes!".
Este prato ten moitas vitaminas polo que debe tomarse con certa frecuencia. Conseguiremos que mamá estea cada día máis contenta e nós sentirémonos xenial.
Uns debuxiños para todos os nosos amiguiños
Ola amigos.
hoxe toca amosaros uns cantos debuxiños que fixemos para o libro da nosa amiga Marine.No primeiro veredes un debuxiño en branco e negro que facemos a man.
Agora veredes uns cantos debuxiños nos que mostramos cómo facemos para irlles dando cor pouquiño a pouco, esperamos que vós tamen nos enviedes os vosos debuxiños e para que podamos ver os artistas que estades feitos.
E por último uns detalles que esperamos que vos gusten. Todos son debuxiños do libro, ¿sabedes que imaxes son?.
Vémonos en próximas entradas de este blog.
Apertas de Ana e Jorge
Colexio A Carballeira
¡¡ Ola a todos !!
Gustaríanos amosaros ou ben que ou pasamos cando visitamos colexios tan estupendos como ou dá Carballeira.
Pasámolo realmente en grande e cada unha destas visitas convértese nun momento moi especial
Bicos e apertas a nosos amiguiños da Carballeira e moitas grazas
¡¡sodes uns nenos estupendos !! VER FOTOS
Saúdos e apertas de Jorge Vázquez e Ana Francisco, os ilustradores
Ola a todos os que seguides e consultades este blog. Somos Jorge e Ana, os ilustradores deste bonito soño que tivo a nosa amiga Mariné, que nos convidou a estar de vez en cando con vós para amosarvos os nosos traballos e para compartir con vós estas experiencias tan fermosas que estamos a vivir con este libro.
Esperamos que o pasedes tan ben co libro tanto coma nós facéndoo, así que moitas grazas por seguirnos e por mercar este libro. Esperamos visitar moitos colexios e poder levar moito máis lonxe este soño de desexos cumpridos para autores e protagonistas. Moitas apertas para todos vós.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)