miércoles, 29 de diciembre de 2010

A SINATURA NO RASTRO DA ASOCIACIÓN CONTRA O CANCRO



Chove, Pontevedra deserta, camiñamos á présa, ás cinco asinamos no rastro da Asociación contra o cancro, rúas baleiras, chegamos uns minutos tarde.
Crúzase unha persoa -irá á firma?...
Lancei a pregunta que ninguén se atrevía
- E se non entra ninguén ?
Entramos, ninguén dentro, tres cadeiras baleiras... dez libros enriba da mesa...

En pouco tempo asinamos nove... ¡¡ Necesitamos máis!! ....
Chega o grupo Zoula, pandeiretas e cantares en voces de nenos que fan que baixe o ceo á terra.... 
xente entra, emociónase,aplaude...asinamos...asinamos... as oito....Resultado:
Un éxito.
Bicos e ata pronto. Saímos á rúa.
Pontevedra continúa deserta.
Frío e algo de chuvia.
Cansazo...
Un café?

sábado, 25 de diciembre de 2010

CENTRO TERCEIRA IDADE DE CAMPOLONGO


Esperábanme sentados arredor dunha mesa padiola, non había nada enriba da mesa, e non obstante parecía que nada faltaba.
Entrei pensando que ía falar con persoas maiores e saín sabendo que a idade non existe tal e como a entendemos, é un conxunto de cousas, pero aos oitenta, fanse amigos dun xeito forte e auténtico, compártense recordos, recórdase vida..
Cando lles falei do libro, alguén dixo:
-Non é só para nenos...Despois do poema chegaron outros, recitados por eles, durante dous, quizais tres horas, non sabería dicir o tempo, choramos e rimos. Recordaron a vida e esperaban o nadal sen pedirlle nada aos reis, pero coa esperanza e a ilusión dunha obra de teatro que estaban a organizar....
¡¡¡Alguén deixouse unha botella de champaña na heladera!!! dixo Mirta, unha arxentina que quere ser artista
-Abrámola, dixo outra entre risas, igual é  dalguén que xa está morto.
Manuel, o único home do grupo,  amable, ¡todo un cabaleiro!  abrazou a unha "señora poeta", que tiña ao seu lado, cando lle caía unha bágoa lendo un poema ao fillo que nunca tivo...
E eu aprendía de todo, mergulleime nos seus sentimentos, imaxineime os seus amores segredos, as súas amizades, as súas longas horas...a vida pechada nuns anos que din que son moitos, pero...

-quen o di ? 
-quen non chegou.
¡¡cantan nunha coral !! e ainda que non suban as escaleiras de dous en dous,  en ascensor chégase antes...
"Un soño na bandexa" quedou entre eles, entre os seus contos,
 é que na vida chega un día  no que a idade non é cumprir anos, é VIVILOS.

viernes, 24 de diciembre de 2010

Bo Nadal e feliz Aninovo ós nosos amiguiños

De parte do camareiro máis toleirán, da autora Mariné, e dos ilustradores, Jorge e Ana, queremos desexarvos a todos o mellor Nadal que poidades ter, para que se cumpran todo-los vosos soños e desexos.

Hola nenos e nenas



O camareiro máis especial sae á rua para atoparse co vós.Se queredes que Mariné vos conte un conto ou axudar ós ilustradores a debuxar a este camareiro tan especial, esperámosvos os seguintes días na cidade de Pontevedra


O dia 27 de decembro vémonos en Pontevedra na plaza da Ferrería



O día 3 de Xaneiro vémonos na librería Cervantes de Pontevedra ás 18: 00


O día 4 de Xaneiro vémonos no Centro Cultural de Raxó