O soño de Simbad Novas edicións de 'Un soño na bandexa' e 'Chamádeme Simbad' O mesmo día en que se dá a coñecer o informe do Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España e que sitúa a poboación lectora galega por debaixo da media estatal, chegan ás librerías novas edicións de dous libros dirixidos á mocidade e primeiros lectores que están a colleitar un singular éxito de público. Por unha banda, chega a segunda de 'Un soño na bandexa' de Mariné Corcoba, que hai uns meses saía na colección Tartaruga e que esgotou en nada toda a primeira edición, convertíndose nun fenómeno editorial dentro do ámbito da educación infantil. A súa autora cóntanos o que pasaría se un día se nos dese por pedir cousas moi especiais a un camareiro disposto a soñar con nós. Unha fermosa viaxe lírica, visualmente moi poderosa, que engaiola e pequechos e grandes. Por outra banda, entra nas librerías a terceira edición de 'Chamádeme Simbad' de Francisco Castro, que alcanza xa os 7500 exemplares. O libro, centrado na problemática do alzhéimer e contado dende os ollos dun neno, foi merecente o ano pasado do Fervenzas Literarias como mellor libro do ano e está, na actualidade, de finalista do Frei Martín Sarmiento que se fallará nos meses vindeiros, galardóns, ambos os dous, concedidos por lectores e lectoras. Simbad soña un soño na bandexa. Para que o ano que vén, cando se volvan estudar os hábitos lectores, con estes e outros libros de calidade que na nosa terra facemos, os resultados sexan mellores. |
viernes, 28 de enero de 2011
Na web da editorial Galaxia !!!
viernes, 21 de enero de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)