sábado, 9 de abril de 2011

El sueño del camarero llega al cole Vidal Portela de Pontevedra


O día 30 de Marzo visitamos cole Vidal Portela de Pontevedra, e o certo é que resultou ser unha mañá fantástica na que coñecemos uns nenos estupendos.
Xa os consideramos uns amigos novos que ademais nos demostraron o ben que debuxan e como traballaron para entender á perfección este sono tan especial que, pouco a pouco se vai convertendo en realidade.

Grazas aos nosos amigos do Vidal Portela por un día fantástico e por recibirnos cos brazos abertos.

Deixámosvos unhas fotos da visita.









Un saludo a todos del camarero.

lunes, 14 de marzo de 2011

O soño segue a visitar os coles do país sen descanso

Esta vez tocounos visitar o cole Isidora Riestra, en Poio, onde os nenos nos ofreceron unha fantástica experiencia chea de alegría e ilusión e de onde o camareiro saiu cun enorme sorriso na faciana.
Gracias a todos os amiguiños do cole e especialmente os nenos, sen olvidarnos dos fantásticos mestres do centro.
Un saúdo moi especial para Dido de parte de todos nós.
Deixámosvos con algunhas fotiños desta fermosa visita.
Prestade especial atención a eses fantásticos disfraces.





domingo, 27 de febrero de 2011

Visita ao colexio Isidora Riestra

¡¡RECIBÍRONNOS CUNHA CANCIÓN !!

Falámoslles do libro que xa leran e fixéronnos preguntas...
o colexio é entrañable, os pequenos viñan vestidos de camareiros , coas súas bandexas e cada un levaba o seu soño escrito nela. 
Cando nos fomos, levabamos de recordo un bolígrafo, unha axenda... e a sensación de compartir cos pequenos momentos para lembrar.

jueves, 24 de febrero de 2011

O camareiro viaxa o sábado ó pazo da cultura de Pontevedra


Este Sábado dia 26 de Febreiro, estaremos no Pazo da Cultura de Pontevedra, tanto o camareiro como a escritora, Mariné, e os ilustradores. Así que esperámosvos a todos para pasar un rato estupendo coñecendo este "Soño na bandexa" que xa vai pola segunda edición. Nós sí que estamos nun fantástico soño.
Vémonos todos ás once da mañá no pazo da Cultura. Non vos esquezades de asisitir.

viernes, 28 de enero de 2011

  Na web da editorial Galaxia !!!


O soño de Simbad 

Novas edicións de 'Un soño na bandexa' e 'Chamádeme Simbad'

O mesmo día en que se dá a coñecer o informe do Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España e que sitúa a poboación lectora galega por debaixo da media estatal, chegan ás librerías novas edicións de dous libros dirixidos á mocidade e primeiros lectores que están a colleitar un singular éxito de público.
Por unha banda, chega a segunda de 'Un soño na bandexa' de Mariné Corcoba, que hai uns meses saía na colección Tartaruga e que esgotou en nada toda a primeira edición, convertíndose nun fenómeno editorial dentro do ámbito da educación infantil. A súa autora cóntanos o que pasaría se un día se nos dese por pedir cousas moi especiais a un camareiro disposto a soñar con nós. Unha fermosa viaxe lírica, visualmente moi poderosa, que engaiola e pequechos e grandes.
Por outra banda, entra nas librerías a terceira edición de 'Chamádeme Simbad' de Francisco Castro, que alcanza xa os 7500 exemplares. O libro, centrado na problemática do alzhéimer e contado dende os ollos dun neno, foi merecente o ano pasado do Fervenzas Literarias como mellor libro do ano e está, na actualidade, de finalista do Frei Martín Sarmiento que se fallará nos meses vindeiros, galardóns, ambos os dous, concedidos por lectores e lectoras.
Simbad soña un soño na bandexa.
Para que o ano que vén, cando se volvan estudar os hábitos lectores, con estes e outros libros de calidade que na nosa terra facemos, os resultados sexan mellores.

miércoles, 29 de diciembre de 2010

A SINATURA NO RASTRO DA ASOCIACIÓN CONTRA O CANCRO



Chove, Pontevedra deserta, camiñamos á présa, ás cinco asinamos no rastro da Asociación contra o cancro, rúas baleiras, chegamos uns minutos tarde.
Crúzase unha persoa -irá á firma?...
Lancei a pregunta que ninguén se atrevía
- E se non entra ninguén ?
Entramos, ninguén dentro, tres cadeiras baleiras... dez libros enriba da mesa...

En pouco tempo asinamos nove... ¡¡ Necesitamos máis!! ....
Chega o grupo Zoula, pandeiretas e cantares en voces de nenos que fan que baixe o ceo á terra.... 
xente entra, emociónase,aplaude...asinamos...asinamos... as oito....Resultado:
Un éxito.
Bicos e ata pronto. Saímos á rúa.
Pontevedra continúa deserta.
Frío e algo de chuvia.
Cansazo...
Un café?